O comité promotor ‘Ora Galega’ impulsa unha recollida de apoios na rede e unha proposición non de lei no Parlamento galego, que foi existrada polo BNG e o Grupo Mixto.
2016, ano das Irmandades da Fala. Ese é o obxectivo do comité promotor ‘Ora Galega’, que vén de lanzar unha campaña para que o vindeiro ano se conmemore o o centenario dunha organización que “supuxo unha nova forma de concibir o país” co “desenvolvemento da consciencia da Galiza, da defensa da súa lingua, cultura e identidade”.
“Dentro de 10 meses haberá 100
anos que Antón Villar Ponte iniciaba o proxecto de creación da Liga de
Amigos do Idioma Galego. E o 18 de maio de 2016, celebrarase o
centenario daquela reunión da primeira Irmandade nos salóns da Academia Galega. Dous momentos decisivos no desenvolvemento do que chegaría a ser un dos fitos fundamentais da nosa historia contemporánea”, apuntan dende o comité promotor.
Piden á Xunta que estabeleza una programa para dar a coñecer “a encomiábel labor desta organización, animada polo propósito de traballar por unha Galiza máis culta, libre, xusta e comprometida consigo mesma”.
Unha campaña para recoller sinaturas en Avaaz e unha proposición non de lei, que foi rexistrada no Parlamento galego polo BNG e o Grupo Mixto, son os primeiros pasos para acadar o recoñecemento
“Considerando o carácter abranxedor e democrático que
caracterizou as Irmandades e que figuras chave da cultura galega, a quen
se dedicou en diferentes anos o Día das Letras Galegas, foron
impulsoras do movemento, instamos á Xunta de Galicia a que declare oficialmente 2016 como ano das Irmandades da Fala”, apuntan.
A proposición pide así que se estabeleza un programa de actividades e aprobo os fondos necesarios para divulgar en toda a sociedade galega “a
encomiábel labor desta organización, animada polo propósito de
traballar por unha Galiza máis culta, libre, xusta e comprometida
consigo mesma”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario