Logo dun ano de emisións, desde Irmandade TV propuxémonos un
ambicioso salto. Levamos meses de intenso traballo para poder presentar,
neste mes de abril de 2015, unha nova televisión. Estamos a traballar,
polo tanto, nunha televisión galega e en galego; que aposta pola democratización da palabra e da información e radicalmente participativa e plural.
Irmandade TV naceu coa arela de achegar ao pobo galego contidos de lecer e informativos de proximidade, contados desde perspectivas alternativas e contrahexemónicas.
Irmandade TV comezará as súas emisións habituais xusto despois da emisión dun maratón televisivo e radiofónico de 12 horas onde a única protagonista será a lingua galega. Logo, comezaremos con emisións diarias (inicialmente desde as 21:00h ata as 0:00h) de luns a venres e contaremos cunha programación completa e diversificada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario