xoves, 16 de abril de 2015

Finalistas do III Certame de Relato Curto

A FANPA agradece a todas as persoas a súa participación e a excelente acollida que está a ter este certame na comunidade educativa. Nesta edición o número de participantes foi de case 800 o que nos permite ir pouco a pouco consolidándoo.
Grazas tamén a todos os colaboradores e voluntarios polas súas achegas e dedicación desinteresada, xa que sen eles a FANPA non podería asumir o custo do certame.
Logo da deliberación do xurado, publicamos a relación dos 100 finalistas que formarán parte do libro que se vai editar cos seus relatos e co relato, feito expresamente para o certame, dun escritor/a profesional, tal e como recollen as bases. Nesta edición vai ser Fina Casalderrey. A FANPA quere deste xeito homenaxear a unha escritora á vez que sirva de referente a todos os escritores e escritoras noveis. O noso agradecemento a Fina por achegar o seu relato.
Como o aforo é limitado, a entrega de premios está reservada para cada finalista e un acompañante. A organización porase en contacto cos finalistas para a asistencia ao acto que será en Pontevedra o 27 de maio.
Animámosvos a todos, finalistas e non finalistas, a seguirdes participando.
Parabéns de toda a Xunta Directiva de FANPA!
PDF - 23.4 KB
Finalistas primaria
PDF - 15.1 KB
Finalistas secundaria
PDF - 8.9 KB
Finalistas Bacharelato/FP
PDF - 11.6 KB
Finalistas adultos


Ningún comentario:

Publicar un comentario