Aínda
que Twitter é unha plataforma de comunicación social principalmente asimétrica,
na que pode seguirse a outros usuarios publicamente sen reprocidade de ningún
tipo, para as comunicacións privadas era preciso que as persoas que
intercambiasen mensaxes se seguisen respectivamente, principalmente como unha
medida para protexer a intimidade e evitar o spam, pero agora están
a mudar o xeito de mandar mensaxes directas, de xeito que na sección de
configuración será posible activar a posibilidade de recibir mensaxes privadas
de calquera.
Estamos ante unha opción que nun principio non interesará a usuarios
particulares, pero pode resultar de grande interese para empresas e entidades,
que teñen así unha nova canle de comunicación privada, máis áxil que o correo
electrónico e cunha grande proximidade, que agora resultará moito máis doada de
xestionar, xa que as marcas non precisarán de seguir aos seus usuarios para que
estes poidan mandarlles mensaxes directas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario