O candidato do PSOE á Alcaldía de Lalín, Nicolás González Casares,
presentou dúas novas medidas coas que concorrerá ás municipais do 24 de
maio en materia educativa. Propón o impulso dun banco municipal de
libros de texto para que as familias con máis problemas económicos non
teñan que desembolsar cada ano tanto diñeiro en material cada comezo de
curso. Esta medida foi demandada a Casares pola Anpa do IES Laxeiro.
Nesta proposta entrarían alumnos doutros municipios que, matriculados en
Lalín poderían ter acceso ao programa, aínda que mediante acordos con
concellos limítrofes que acheguen alumnos. Outro compromiso ten que ver
coa creación de bolsas municipais para comedores escolares, tendo en
conta os altos pagos que teñen que afrontar algunhas familias por estes
servizos. O PSOE desexa contrarrestar, con este plan, os efectos da
crise en moitos núcleos familiares do municipio.
Noutra orde de
cousas, Casares cuestiona as obras que cometerá o Concello no Paseo do
Pontiñas, orzadas en 113.000 euros, e mediante procedemento negociado.
Ademais di que o proxecto é un parche pois non ten unha planificación
rigorosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario