Os grupos apoiaron a proposición non de lei do BNG para instar á Xunta a facer a declaración oficial para divulgar o traballo e a herdanza dese movemento.
O Parlamento galego insta á Xunta a que declare oficialmente 2016 como o Ano das Irmandades de Fala. Así o solicitaba a proposición non de lei presentada polo BNG e que contou co apoio de todos os grupos parlamentares. A deputada nacionalista Ana Pontón congratulouse da unanimidade no hemiciclo e amosou o seu desexo de que a Xunta estableza un programa de actividades para divulgar o coñecemento do “importantísimo labor desta organización” para acadar “unha Galiza máis libre, culta, xusta e comprometida consigo mesma” para o que pediu dotar de fondos necesarios aos organismos responsábeis do programa de divulgación.A campaña para que 2016 se declare Ano das Irmandades da Fala naceu do comité promotor ‘Ora Galega’, para conmemorar o centenario dunha organización que “supuxo unha nova forma de concibir o país” co “desenvolvemento da consciencia da Galiza, da defensa da súa lingua, cultura e identidade”. Como parte da mesma, hai unha recollida de sinaturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario