Coincidindo
co Día
Internacional das Rapazas e as TIC, o presidente do Colexio
Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG),
Fernando Suárez, deu a coñecer o nome da premiada co galardón Ada
Byron, que na presente edición recaeu en Eva Dafonte Pérez
(Ourense, 1979). O máximo representante das enxeñeiras e enxeñeiros
informáticos galegos fixo pública a decisión (precisamente) no
evento organizado polo CESGA con motivo do Día Internacional das
Rapazas e as TIC.
Eva
Dafonte, enxeñeira superior en Informática, é na actualidade
administradora de bases de datos Oracle na Organización Europea de
Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra, Suíza; experta en
replicación de bases de datos usando Oracle Streams e responsábel
do proxecto para a distribución e replicación de bases de datos na
rede de computación de LHC (Gran Colisionador de Hadróns). Tamén é
membro do Centro de Competencia de Bases de Datos do Programa
CERN-openlab.
O
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
quere, mediante a concesión do Premio Ada Byron, visualizar
participación feminina en todos os niveis da tecnoloxía: como
usuarias, como emprendedoras, como xeradoras de innovación,
investigadoras e líderes dun sector punteiro.
En
opinión do colexio, as mulleres teñen que ocupar un lugar central
na Sociedade da Información e do Coñecemento, posto que “só así
se poderá garantir unha tecnoloxía e unha sociedade verdadeiramente
igualitarias”.
Lembrar
que Ada Byron
foi unha escritora e matemática británica (1815-1852) que
describiu a máquina analítica de Charles Babbage e está
considerada como a primeira programadora da historia. Deduciu e
preveu a capacidade dos computadores para ir alén dos simples
cálculos numéricos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario