mércores, 22 de abril de 2015

Os estranxeiros tamén marchan de Galicia

A maior parte dos que viven no país están empregado como autónomo, no mar, no agro ou en tarefas do fogar.

Galicia non só perde poboación autóctona que volve á emigración, especialmente, xente nova, 60.000 segundo a oposición nos últimos anos. Tamén marcha a xente estranxeira que vive no país. E é que nun ano, esta poboación reduciuse case nun 1%, concretamente, nun 0,76%.
 
Un total de 28.510 estranxeiros figuraban inscritos na Seguridade Social en Galicia no mes de marzo, segundo o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Unha cifra moi lonxe dos centos de milleiros que viven noutras autonomías, especialmente, en Cataluña, Madrid ou Andalucía.
 
A maior parte dos estranxeiros afiliados en Galicia están no réxime xeral, 21.991, dos que 1.043 atópanse no réxime agrario e 3.659, no do fogar. Ademais, 5.230 son autónomos e 1.289 pertencen ao réxime do mar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario