Dende hai tempo os usuarios de Windows Phone poden gozar
da aplicación Office
Lens, que permite converter o smartphone nun scanner que facilita a creación de documentos PDF, Word e
PowerPoint, para gardalos comodamente na nube, o que pode resultar moi práctico
para gardar anotacións dunha xuntanza ou para facer copias dixitais de
documentos impresos, co grande vantaxe de que a aplicación recoñece
automaticamente o texto impreso (facilitando logo a edición e a busca sobre os
documentos dixitalizados). Agora, dentro da actual política de Microsoft de
gañar peso no móbil e na nube, Office Lens
estrea aplicación oficial para iPhone, de xeito que o teléfono de Apple
pode converterse nun dixitalizador de documentos, que inicialmente tira
proveito dos servizos OneNote e OneDrive para almacenar copias na nube dos
ficheiros creados, facendo altamente dispoñibles os documentos dende multitude
de dispositivos.
Office Lens tamén conta actualmente cunha versión preliminar para Android,
aínda que para a súa instalación é preciso recorrer á súa
comunidade en Google+ para solicitar a incorporación ao equipo de proba,
para poder así gozar desta ferramenta que precisa como mínimo dun terminal con
Android 4.1 para funcionar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario