Nos
últimos meses falamos en numerosas ocasións da aplicación da plataforma de xestión e préstamo
de libros electrónicos en bibliotecas XeBook de Xercode, que está a
implantarse nas universidades de Burgos, Cádiz, Salamanca, León e Murcia, e que
agora tamén estará presente na Universidade de Santiago de Compostela, entidade
que participará no proxecto a través da Biblioteca Universitaria e
o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, que iniciarán a plataforma PreLo (Préstamo de Libros Online), nome que
adoptará o servizo na USC, e que prevé chegar proximamente tamén ás
universidades de As Palmas e a UNED.
Esta
plataforma de préstamo botará a andar cun catálogo de 1.094 exemplares que
iranse ampliando coas sucesivas compras que se realicen. Deste xeito, os
usuarios do servizo poderán gozar a través da web dun sistema de préstamo de
libros electrónicos, análogo ao sistema de préstamo de libros tradicionais, no
que os usuarios poderán consultar o catálogo dispoñible, recibir libros en
préstamo e incluso colocarse en listaxe de espera para acceder aos exemplares
dixitais que se atopen emprestados (pois cómpre destacar que aos libros
electrónicos incorpóranselle medidas de protección de dereitos de autor para
que a o sistema de préstamo non sexa unha competencia desleal coas librarías).
Ningún comentario:
Publicar un comentario