DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A CTNL propón o lema ‘Que se vexa! O galego’ para visibilizar o 17M unha lingua ‘’viva, útil, atractiva’’.

Por iso apostan en que os actos, programas, imaxe, actividades, accións, discursos, etc., que se fagan arredor do Día das Letras Galegas “teñan cor e alegría e sirvan para dar ese imaxe de lingua viva, útil e atractiva para todos e todas e en todos os ámbitos e situacións sociais”.
A campaña procura o obxectivo, explica a Coordinadora, de que se lle dea máis protagonismo ao idioma, “especialmente nas celebracións e programas arredor do Día das Letras Galegas, mais lembrando a necesidade de o facer ao longo de todo o ano e en todos os ámbitos”. A CTNL enviaralle a proposta a concellos, centros de ensino e tecido social do país para que nas súas actuacións e propostas ara o 17 de Maio procuren a viveza e o futuro da lingua “alén do ámbito literario e que se centren en visibilizar un idioma vivo e rico válido para todo e para tod@s”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario