Galego, garantía de futuro é o lema co que a plataforma Queremos Galego convoca á cidadanía a participar nas concentracións que se desenvolverán o vindeiro 17 de maio en vilas e cidades galegas.
A plataforma cidadá Queremos Galego volverá ás rúas o vindeiro 17 de maio en manifestación e concentracións que se desenvolverán en distintas cidades e vilas galegas ás 12 do mediodía co lema Galego, garantía de futuro.Na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo están xa confirmadas as mobilizacións que se convocarán baixo o lema “Galego, garantía de futuro” co que se quere poñer á vista que “a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua”, explicou o voceiro da plataforma cidadá, Marcos Maceira que volveu, como xa fixera despois da multitudinaria manifestación do 8 de febreiro, lembrar que o presidente Feijóo segue sen recibir ás entidades defensoras da normalización lingüística.
“Se o goberno galego realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo de ensino, e deixaría de proscribir o termo “normalización” como está a facer”“O actual goberno da Xunta actúa irreponsabelmente en relación ao noso idioma, lexislando contra el por primeira vez na historia, reducindo a súa presenza no ensino e prohibíndoo para as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía”, sinalou Maceira ao tempo que fixo fincapé en ámbitos nos que a presenza da lingua está en grave perigo de desaparición como a dobraxe, os servízos de atención telefónica, a educación infantil, a formación profesional a distancia e de adultos, a administración electrónica, a xustiza ou a saúde.
Lamentaron desde Queremos Galego que após a masiva manifestación do 8 de febreiro, a sociedade galega tivera como única resposta un “anuncio propagandístico” sinalaron, en relación co “Documento estrutural básico de dinamización da lingua galega no tecido económico" que ven de anunciar o goberno mais que, malia telo reclamado en reiteradas ocasións, continúan sen recibir por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüísticas.
“Se o goberno galego realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo de ensino, e deixaría de proscribir o termo “normalización” como está a facer”, afirmaron no acto de presentación das mobilizacións do 17 de maio para o que Queremos Galego chamou á sociedade a participar porque, segundo defenderon, “o pobo galego ten que se o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días do ano”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario