A Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega (USC), a Xunta de
Galicia e a Deputación da Coruña organizan unha nova edición destes
cursos estivais, dirixidos a persoas de fóra de Galicia, que se
desenvolverán entre os días 1 e 24 de xullo de 2015. Os cursos,
que se organizan en diferentes niveis (elemental, medio e curso superior
de lingüística e de literatura galegas) teñen como principal finalidade
ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de se familiarizar coa lingua, a
literatura e a realidade sociocultural galegas.
O prazo de inscrición remata o 30 de abril de 2015. Para obter máis información sobre os trámites de inscrición e matrícula, preme aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario