luns, 13 de abril de 2015

Premio ao uso do galego en Twitter

A iniciativa Twitter en galego presenta o concurso Premio á Conta 2015, co obxectivo de premiar o uso do galego por parte dos usuarios desta rede social.
Os usuarios teñen de prazo ata o 19 de abril para propoñer aquela conta que consideran merecedora do premio. A conta gañadora darase a coñecer o 7 de maio, coincidindo co IV aniversario da Iniciativa Twitter en galego. O premio, de carácter meritorio, consistirá na entrega dunha figura conmemorativa e mais dun exemplar da obra Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. Así mesmo, a conta gañadora gozará durante un ano dun espazo destacado no propio web da iniciativa.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario