Está no 18,5% fronte ao 11,1 da Unión Europea. O rexistro galego, porén, reduciuse paulatinamente en catro puntos nos últimos anos.
O abandono educativo temperán en Galiza foi en 2014 do 18,5 por cento, unha porcentaxe que se vén reducindo de maneira paulatina desde hai anos mais que segue moi por baixo da media dos estados das Unión Europea, que foi no ano pasado dun 11,1 por cento, sete puntos menos que no noso país.O abandono educativo temperán fai referencia á porcentaxe de poboación entre 18 e 24 anos que ten como titulación máxima o certificado da ESO e non cursa ningún tipo de formación. É dicir, que non completou o nivel de educación secundaria segunda etapa e non segue ningún tipo de formación, regrada ou non. E en Galiza esa porcentaxe é do 18,5 por cento. Houbo, desde 2010, un descenso paulatino -naquel exercicio estaba no 22,8 por cento mentres que no Estado español andaba na beira do 28 por cento-. O territorio do Estado español con menor abandono educativo é Euskadi, con apenas un 8 por cento.
Por sexo
Por sexos, o abandono educativo temperán é sensibelmente superior entre os varóns que entre as mulleres. No primeiro dos casos foi en 2014 dun 21,7 por cento por un 12,7% que se rexistrou de media na UE. No que atinxe ás mulleres, o abandono educativo foi o ano pasado do 15,2 por cento, mentres que a nivel europeo esa porcentaxe estivo no 9,5%.
Desde a comunidade indicativa tense emprazado o goberno galego a investir máis medios, orzamentos e persoal para avanzar na redución dos niveis de abandono escolar en Galiza, aínda moi afastados da media da UE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario