xoves, 9 de abril de 2015

Comeza a campaña da declaración da renda, outra vez sen galego no programa Padre

A Axencia Tributaria está obrigada por Lei, como todos as administracións do Estado no país, a atender en galego aos cidadáns que así o solicitaren. Con todo, A Mesa denuncia que vive afastada da realidade linguística de Galicia.

Os cidadáns poden solicitar o seu borrador da declaración do IRPF dende esta semana. Os servizos en liña para a súa modificación inclúen o galego e as outras linguas oficiais nalgunhas autonomías, pero non así o Programa Padre, a aplicación para cambiar os datos no propio ordenador.
Para a Mesa pola Normlización este non é un feito illado, senón "a constatación dunha liña que mantén a Axencia Tributaria de costas á realidade lingüísitica de Galiza". A Mesa lembrou como son frecuentes as queixas e denuncias contra esta administarción pola vulneración dos dereitos lingüísticos da cidadanía.
 
Cómpre lembrar que a Administración do Estado ten a obriga de atender en galego aos cidadáns do país que así o pidan en Galicia, segundo establece a Lei 30/1992, o texto básico do procedemento administrativo público no Estado:
 
“A lingua dos procedementos tramitados pola Administración Xeral do Estado será o castellano. Porén o anterior, os interesados que se dirixan aos órganos da Administración Xeral do Estado con sede no territorio dunha Comunidade Autónoma poderán tamén empregar a lingua que sexa cooficial nela. Neste caso, o procedemento tramitarase na lingua elixida polo interesado”.
 
Incluso nos procedementos nos que haxa partes de fóra de Galicia, a Administración ten a obriga de dirixirse e empregar o galego cos administrados galegos que así o soliciten. 
 
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, considera que “non se pode consentir que que unha administración do Estado, que ten que dar exemplo no cumprimento da legalidade, sexa a primeira en negar dereitos".
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario