A Facultade de Informática da Coruña
vai acoller os días vindeiros a primeira edición das Xornadas
Coñece a Galipedia na UDC. A cita desenvolverase o 16 e máis o
17 de abril, e será, en palabras da organización, “unha mestura
entre unha xornada de portas abertas e un wikimaratón
da enciclopedia en liña galega”. Estas
xornadas, promovidas pola dita facultade da
Universidade da Coruña, GPUL e
a Galipedia,
co apoio do Servizo
de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña,
pretenden reducir a distancia entre a
enciclopedia libre en galego, por
unha banda, e os lectores, os
usuarios e os potenciais desenvolvedores, apoios, seareiros ou
colaboradores, pola outra.
O programa das xornadas abranguerá
unha charla de introdución á edición da Galipedia e incluirá
tamén actividades máis avanzadas como a
introdución ó manexo de bots.
Tamén está previsto, como dixemos un
pequeno wikimaratón
de artigos relacionados coa Universidade da Coruña e outros temas,
como a informática. Asemade, darase acollida á
entrega de premios e á
presentación dos traballos gañadores do concurso Wikinformática,
enfocado á visualizar do
papel da muller nas novas tecnoloxías
entre os estudantes de secundaria.
Para podermos participar nestas
actividades, temos que rexistrarnos na
páxina do evento xa que as prazas son limitadas, aínda que
tamén existe a posibilidade de participar en liña.
Programa de actividades
Xoves 16 de abril
· 17:00-17:30 Introdución
á Galipedia e á edición co Editor visual (Elisardo
Juncal, Galipedia)
· 17:00-17:15 Planificación
e distribución do traballo de edición
· 17:15-19:30 Edición
dos artigos propostos ou doutros de interese para os asistentes
· 19:30-19:45 Avaliación
da xornada
Venres 17 de abril
· 16:00-17:00 Entrega
de premios e presentación dos traballos de Wikinformática
· 17:00-17:30 Introdución
ó uso de bots na Galipedia (Roi Ardao López "Banjo", Galipedia)
· 17:00-17:15 Planificación
e distribución do traballo de edición
· 17:15-19:30 Edición
dos artigos propostos ou doutros de interese para os asistentes
· 19:30-19:45 Avaliación
da xornada
Ningún comentario:
Publicar un comentario