martes, 7 de abril de 2015

Sinaturas a pé de rúa para divulgar o legado de Castelao

A pé de rúa o BNG busca sumar forzas para apoiar a ILP que reclamará en sede parlamentar a divulgación do legado de Castelao. Desta volta, a céntrica praza 8 de Marzo foi o lugar de recollida de sinaturas para a campaña para a difusión e recoñecemento da obra do nacionalista. 

umar forzas para que a Iniciativa Lexislativa Popular que reclama a difusión do legado de Castelao, alén da catalogación da súa obra e a difusión no sistema educativo, é o obxectivo da campaña que diversas entidades están a desenvolver por todo o país. Esta segunda feira, o BNG de Santiago saíu a rúa, á Porta do Camiño, coa compaña dunha figura en cartón de Castelao para reclamar as sinaturas que levarán finalmente á iniciativa ao Parlamento. O voceiro e candidato nas vindeiras municipais polo BNG-Asembleas Abertas, Rubén Cela,  participou no acto de recollida de apoios. O grupo municipal levara ao Pleno de Santiago unha moción no sentido da ILP que foi rexeitada cos votos do PP. 

A ILP rexistrada xa no Parlamento de Galiza foi promovida pola Federación de Asociacións Culturais “Galiza Cultura” fin de esixir a difusión da figura e obra de Castelao e promover a súa difusión a través de diversas iniciativas, entre elas, a integración da súa obra nun espazo museístico ou a sinalización dos lugares relacionados coas súa vida, ademais da presenza nos programas do sistema educativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario