CIG-Ensino e a Confederación de Anpas Galegas exixen que a Xunta mude a lei.
                        
                        O currículo escolar de Bacharelato, após a entrada en vigor da LOMCE,
 fixa a distribución horaria das materias específicas e de libre 
configuración entre as que deberá elixir o estudantado. Neste senso, CIG-Ensino e a Confederación de Anpas galegas
 denuncian que a relixión católica "pasa a ter o mesmo valor académico 
que as demais". E é que hai alumnado que se está a ver "obrigado a 
matricularse en relixión en contra da súa vontade, dado que, segundo a 
actual normativa, o alumnado de 1º de Bacharelato debe cursar dúas 
materias troncais de opción e un mínimo de dúas e un máximo de tres 
específicas, entre as que está a de relixión cunha carga horaria dunha 
hora", explican ambas as dúas organizacións.
a) Materias específicas (2 ou 3 cunha carga horaria de 2 horas, 3 horas, 4 horas ou de 1 hora (relixión), b) Materias de libre configuración autonómica (todas cunha carga horaria de 2 horas), c) Materias de libre configuración do centro (carga horaria de 1 ou 2 horas)", explican.
Neste senso, reclamaron á Consellaría de Educación que mude "con tempo" a lexislación actual para facer "prevalecer a aconfesionalide e o dereito do alumnado a poder escoller a materia que mellor se axuste ao seu itinerario formativo, sen estar obrigado, directa ou indirectamente, a matricularse en relixión se non o desexa".
Así, para alén do escrito remitido ao conselleiro, Román Rodríguez, levarán á Mesa Sectorial do 7 de xuño a proposta.
                            
                    
A distribución horaria aboca estudantes a elixir relixión para cumprir co mínimo exixido"Os períodos lectivos asignados ás materias específicas e de libre configuración son seis en 1º de Bacharelato, polo que, tendo en conta que ten que cursar un mínimo de dúas materias e un máximo de tres nas específicas, o alumnado tería que escoller entre as seguintes opcións:
a) Materias específicas (2 ou 3 cunha carga horaria de 2 horas, 3 horas, 4 horas ou de 1 hora (relixión), b) Materias de libre configuración autonómica (todas cunha carga horaria de 2 horas), c) Materias de libre configuración do centro (carga horaria de 1 ou 2 horas)", explican.
Neste senso, reclamaron á Consellaría de Educación que mude "con tempo" a lexislación actual para facer "prevalecer a aconfesionalide e o dereito do alumnado a poder escoller a materia que mellor se axuste ao seu itinerario formativo, sen estar obrigado, directa ou indirectamente, a matricularse en relixión se non o desexa".
Así, para alén do escrito remitido ao conselleiro, Román Rodríguez, levarán á Mesa Sectorial do 7 de xuño a proposta.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario