Un fechamento que se suma á supresión de ducias de unidades e o recorte en profesorado para minguar o ensino público no país.
Perto de 200 centros escolares tiveron que
botar o fecho na última década en Galiza. Só no curso pasado, 2015-16,
foron 13 as unitarias clausuradas. Unha medida que se repite curso tras
curso e que ten non pouco impacto nas zonas afectadas. A queda da
natalidade e o criterio da Xunta de que por baixo de seis alumnos fecha
un centro explican ese importante número de clausuras, perto de 200. Os
cálculos da administración pasan por que para o vindeiro curso haxa uns
1.500 alumnos menos, o que pode resultar en novos fechamentos. Desde
comezos da década dos 90 a 2015 pasamos de ter en Galiza 120.300
crianzas de entre 0 e 4 anos de idade a 104.800.
Porén, entre a comunidade escolar sinalan os criterios da Xunta como responsábeis do fechamento das unitarias, un modelo que defenden pola calidade do ensino e pola súa implicación na súa propia contorna. A Consellaría galega fixa que con menos de 6 alumnos, bota o fecho a unha unitaria. É o que anunciou hai pouco para o CEIP O Calvario (Queixas-Cerceda), provocando a reacción de familias e veciñanza. Os nacementos nestes anos e o compromiso dos proxenitores de inscribir os nenos no CEIP cando teñan idade garante acadar de novo esa cifra de 6 nun curso. Por iso as familias non queren que se feche. No Faceboock que puxeron en marcha para dar a coñecer a súa loita rrecibiron apoios e ánimos non só de Cerceda senón tamén doutros puntos de Galiza. “Xente que se pon en contacto porque ten unha problemática igual”, sinalaba unha das nais, que aponta que “como unitarias deberiamos procurar algún tipo de unidade para facer fronte a estes problemas”.
Os sindicatos do ensino enmarcan o fechamento de unitarias, así como a eliminación de unidades e recortes no profesorado, nunha política da Consellaría contra o ensino público. E tiran de cifras, como as que indican que entre 2010 e 2016 o ensino non universitario perdeu en Galiza 4.188 docentes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario