Malia que xa houbo iniciativas semellantes e que é unha reivindicación que adoita xurdir a cada asemblea anual de accionistas, desta vez o obxectivo é máis que plausible. Adiouno a anterior directiva presidida por Lendoiro durante anos e aprazouno a actual dirixida por Tino Fernández que, no entanto, xa hai medio ano deixara clara a súa intención. "O nome da cidade é un debate para por sobre a mesa no futuro, pero penso que non tería ningún problema porque non chirría na sociedade nin no deportivismo", asegurara tras a xunta xeral.
A Federación de Peñas, xunto a outros colectivos, lidera a campaña para que o club pase a denominarse Real Club Deportivo da CoruñaNesta ocasión, e logo de iniciativas pola galeguización do escudo menos asentadas, nesta ocasión uníronse a Federación de Peñas, que agrupa a máis dun cento de agrupacións, o colectivo Old Faces e os Riazor Blues. Nun comunicado, lembran a profunda relación do club con toda Galicia, incluído na simboloxía das súas cores ou na bandeira do seu escudo, e advirten que o uso do galego nas campañas da entidade ou na megafonía "non pasou absolutamente nada malo", senón que a inmensa maioría sorriru"con complicidade".
"O idioma de Galicia confúndese coas cores deportivistas, somos todo un", aseguran para comprometerse a "empurrar o Deportivo a dar ese paso, vencer clichés pasados de moda [...] que non se corresponden coa realidade da familia deportivista". Así, animan a "facer normal no deportivismo o que é normal na rúa, na empresa, na administración ou os medios" e lembran que desde 1998, e logo do acordo no Congreso dos Deputados, "a cidade ten un nome: A Coruña".
O manifesto pide "facer normal no deportivismo o que é normal na rúa, na empresa, na administración ou nos medios""Pedimos, non máis, que o Deportivo sexa da súa cidade, A Coruña, e que o galego gañe usos e espazos na vida do noso club", explican. "Facémolo como coruñeses, facémolo como galegos, pero facémolo sobre todo como deportivistas. É tempo de camiñar cos tempos", rematan o manifesto feito público por varios colectivos e pola Federación de Peñas, que lanzou a campaña #EuDeportivoDACoruña nas redes sociais e que contactará tamén cos grupos políticos da cidade para fortalecer a súa aposta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario