As empresas editoras galegas, vascas e catalás reuníronse a pasadas quinta e sexta feiras en Valencia no marco de traballo do Galeusca. Coincidiron en reivindicar plans integrais de fomento da lectura nos que participen todos os axentes sociais: familia, escola, sector do libro…
O 16 e 17 de xuño tivo lugar en Valencia o
encontro de traballo Galeusca, que reuniu as editoras galegas, vascas e
catalás. Concluíron que é necesario difundir plans integrais de fomento
da lectura no que participen todos os axentes sociais implicados, como a
escola, bibliotecas, familias… “Deben participar de forma activa e
responsábel na implantación efectiva de hábitos de lectura”, sinala a
organización a través dun comunicado.
Amais da necesidade de implantar plans de lectura, unha das cuestións que máis interese suscitou nos dous días de debate tivo a ver co libro dixital. As persoas participantes, segundo asegura a organización, manifestaron a súa incerteza ante este novo modelo de negocio.
Aliás, no Galeusca apostouse nunha maior colaboración entre as empresas editoras, partillando experiencias e estratexias; en darlle maior visibilidade á edición nas linguas propias das tres nacións; en difundir contidos de máxima calidade e en instar as Administracións públicas á racionalización do IVE cultural e a adoptar medidas contra a piratería.
As editoras comprometéronse a avaliar de maneira periódica os modelos de préstamo dixital e avogaron por estabelecer un maior diálogo e implicación de todos os sectores da cadea de valor do libro coas administracións públicas. O obxectivo pasa por implantar políticas culturais efectivas que poñan en valor o libro e a lectura como principais elementos dinamizadores dos procesos culturais.
Galiza acollerá o Galeusca 2018
Na xuntanza tamén se decidiu a sede do vindeiro Galeusca, que terá lugar en 2018 en Galiza. Será a Asociación Galega de Editores (AGE) quen se encargue de organizar a novena edición, en colaboración coa Associació d’Editors del Pais Valenciá, a Euskal Editoreen Elkartea e a Associació d’Editors en Llengua Catalana.
As tres asociacións agrupan máis de 200 empresas, cuxa produción anual supera os 12.500 títulos en galego, vasco e catalán.

Ningún comentario:
Publicar un comentario