O Colexio
Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de
ser elixido como moderador no encontro New media. New challenges
que terá lugar o 16 de xullo no PALEXCO da Coruña inserido no
festival Mundos
Dixitais. Será o presidente do CPEIG, Fernando Suárez,
quen exercerá de moderador nesa xornada, concibida “coma unha
viaxe por un mundo exponencial, onde cada década marca unha
velocidade de avance no sector audiovisual cada vez maior. Unha viaxe
que comeza coa capacidade de comunicarse do ser humano e que hoxe
“descobre novas linguaxes a través da tecnoloxía, segundo sinala
a organización”.
Como expertos intervirán os seguintes relatores:
Manuel Meijide, directo de ILUX Visual Technologies, compañía
especializada na visualización avanzada e novos media; Roberto
Romero, que traballa en proxectos para a nova realidade virtual e foi
nomeado Global Shapper en 2013 polo World Economic Forum; o profesor
Ximo Lizana, premio Nacional de Arte Contemporánea, asesor
tecnolóxico das principais axencias publicitarias internacionais; e
María Porto, co-fundadora de Aqualim xunto con Manuel Meijide,
empresa que asesora a máis de 40 grandes corporacións
internacionais e crea tecnoloxía que tardará entre 10 e 15 anos en
chegar ás canles de comunicación convencional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario