O STEG carga contra a “importante contribución da Voz á literatura fantástica” e recorda que o ensino público perdeu máis de mil profesores dende que goberna o PP.
Esta semana miles de galegos participan nas oposicións ao ensino público. O STEG, un dos principais sindicatos do ensino, critica a coincidencia das probas coas eleccións e, particularmente, a liña editorial dun artigo de La Voz de Galicia.“Sen discutir a importante contribución que A Voz de Galicia veu facendo nestes anos ao xénero da literatura fantástica galega”, a central desmente que as 1.112 prazas convocadas supoñan un avance real.
O ensino privado e concertado medrou
Así, o STEG sinala que dende que o PP volveu a gobernar a Xunta o Ensino Público perdeu 1.198 mestres e 95 profesores, pasando de 15.178 a 13.980, namentres os centros privados gañaban 20 profesores e os centros concertados gañaban outros 16.
O volume da convocatoria deste ano, malia ser moito maior que o volume de prazas dos exercicios inmediatamente anteriores, dista moito da etapa pre-crisis. Así, fronte ás 1.102 prazas que se convocan este ano no ano 2007 convocáronse 3.073 prazas e no 1.914 prazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario