A consellaría de Saúde da Xunta exclúe e despreza o galego desde os tres perfís que posúe nas redes sociais.
Marcos Maceira “O Sergas esquece que o galego existe e lles dá nome”
“Este desprezo ao galego ten responsábeis e deben ser cesados”
A Mesa pola Normalización
Lingüística continúa a denunciar a exclusión e desprezo que o Servizo
Galego de Saúde amosa cara a lingua galega.
En ningún dos tres perfís que posúen nas redes sociais
(@avalia_t;@esaude_sergas; @EscolaSaude) fan uso do galego, a pesar das
reclamacións que os propios usuarios lle fan para lles lembrar que o
galego existe e debe estar presente no seu día a día e nas comunicacións
dun servizo do que fan uso todas as galegas e galegos.
Unha vez máis a Consellaría de Sanidade esquece o artigo 5.3 do Estatuto de Galiza que indica que as institucións “potenciarán
o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e
informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu
coñecemento”.
Esta actitude por parte da Consellaría de Sanidade non é nova, a Mesa
Pola Normalización Lingüística xa viña de denunciar hai escasos días
recomendou non usar do galego nos exames da Oferta Pública de Emprego do
Servizo Galego de Saúde que tiveron lugar a pasada fin de semana.
Na folla de instrucións ficaba claro como para o Sergas e a Xunta de
Galiza o galego non é máis que un adorno. Din textualmente que “ En caso
de erro tipográfico ou de transcrición do texto editado en galego e o
editado en castelán, do cuestionario bilingüe, prevalece este último aos
únicos efectos da súa comprensión lóxica, sen prexuízo das aclaracións
vinculantes que de viva voz poida advertir o tribunal durante a
realización da proba.”
Así mesmo, o Centro de Transfusións de Galicia mantén unha actitude
semellante á do Sergas, excluíndo ao galego nas notificacións que lles
envía aos cidadáns e cidadás que fan uso deste servizo.
A Mesa pola Normalización Lingüística trasladou e enviou a súa a
queixa e petición de responsabilidades á Valedora do Pobo, á Consellaría
de Sanidade e á dirección do Sergas, e reclamou unha actuación
inmediata da Secretaría Xeral de Política Lingüística e ao propio
presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixó.
A MESA recoméndalle ao Sergas facer uso do galego xa que “utilizalo é
sinxelo e saudábel” e anima a todas as cidadás e cidadáns a facer uso
nas redes sociais do hashtag #OGalegoÉSaúde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario