CIG-Ensino denuncia problemas de habitabilidade no IES Maruxo Mallo de Ordes. Tamén critica a supresión dunha unidade no CEIP Mesón do Vento.
Coa chegada da primavera e aumento das temperaturas nalgunhas aulas do IES Maruxa Mallo
de Ordes chégase a atinxir os 35 grados de temperatura. Una calor que
se dá en aulas de 51 metros cadrados e con até 32 alumnos. É a denuncia
que fai CIG-Ensino,
que lle exixe á Consellaría de Educación que procure unha solución para
o vindeiro curso, para alén de reducir a ratio de alumnado por aula.
Non é esta a única denuncia que o sindicato nacionalista fai sobre Ordes. Así, critica a supresión dunha unidade de educación infantil no CEIP Mesón do Vento e lembra que a Consellaría de Educación pretende suprimir a escola unitaria de Merelle. “Estas medidas, coas que se suprimirán tres docentes, supoñen un novo recorte que se suma á xa longa listaxe de centros afectados por continuas reducións nos cadros de persoal”.
A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría de Educación que manteña o número de unidades que existe na actualidade, tendo en conta que as previsións de matrícula para o curso 2017-2018 xustifican a súa continuidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario