O Foro económico de Galicia aponta o medre da economía galega, mais lembra que seguimos a perder poboación activa.
Galiza perdeu na crise económica 8,5 pontos
do seu PIB, unha queda importante e significativa que indica o boquete
que a gran recesión causou na economía galega. Peor aínda foi o impacto
na economía española, onde o seu PIB caeu en 9,3 puntos. Mais, e segundo
os datos do Foro económico de Galiza,
a recuperación española está a ser máis activa e dinámica que a galega,
que vai a un ritmo moi inferior. Así, e como sinalan no 'Informe de coxuntura socioeconómica' do segundo semestre de 2016,
que veñen de presentar, Espàña recuperou 6,2 dos 9,3 puntos do PIB
perdidos na crise. O que supón dicir que recuperou case o 67%. Outro
debate é como e onde se produciu esa 'recuperación'. Mentres, como
recolle este documento, Galiza só foi quen de 'recuperar' 3,9 dos 8,5
pontos que perdeu, é dicir, un 45,8%. Vinte puntos menos que a española.
Unha fenda que non é a única existente entre ambas as dúas economías.
O Informe do Foro destaca a evolución favorábel dos indicadores de emprego e ocupación nestes meses. Mais pide que hai tres cuestións que convidan a “moderar o optimismo” neste aspecto. A primeira, que continúa a perda de poboación activa, “Galiza segue a perder capital humano”. No primeiro trimestre do ano o país conta con 14.200 activos menos, o que supón unha redución do 1,1%.
Segundo, o peso do paro de longa duración, que representa aínda o 48% da poboación desempregada. E, finalmente, a capacidade de recuperación da economía galega en termos de emprego (postos de traballo equivalente a tempo completo) é inferior á media española, “xa que Galiza recuperou menos de 3 puntos dos 18,6 perdidos durante a crise (II trimestre de 2008 = 100) fronte aos 5,2 puntos no Estado”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario