O INE sitúa o custo laboral en Galiza en 1.596 euros, 236 euros menos mensuais que a media estatal e a 676 euros/mes do de Madrid.
O Instituto nacional de estatística publicou a súa enquisa do custo laboral correspondente ao primeiro trimestre de 2016, documento no que se recolle que en Galiza o custo salarial (comprende todas as remuneracións, en metálico e en especie) por persoa traballadora e mes aumentou nun 0,9% comparado co mesmo período de 2015. Sitúase así nos 1.596 euros mensuais, o que supón que é o cuarto máis baixo de todo o Estado español, só superando Castela-A Mancha, Canarias e Estremadura. Mais o custo salarial galego fica afastado da media estatal e moi afastado dos territorios con máis pulo.Así, o salario en Galiza é 236 euros menos ao mes que o español (1.832 euros). Se a comparación se fai co soldo medio de Madrid (2.272), esa fenda é de 676 euros menos ao mes para o galego. O custo salarial madriñeo é o máis alto de todo o Estado, seguido de Euskadi (perto de 2.100 euros) e Catalunya (case 2.000 euros mensuais).
De nos centrar no custo laboral medio por traballor, é dicir, o custo que abrangue as remuneracións e as cotizacións sociais, en Galiza está en 2.203 euros. Isto é un 1,3% máis que no primeiro trimestre de 2015. Ese custo laboral a nivel de Estado é de 2.481 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario