Os 37.308 nomes de lugares habitados no noso país supón unha cuarta parte dos existentes en todo o Estado e máis dos que hai en todo Portugal. A Igrexa, Castro, Outeiro e Vilar, os máis comúns.
O país dos mil ríos non é nada en comparación
cos topónimos. Somos o país dos 37.000 nomes de lugares habitados. Unha
cifra que supón a cuarta parte de todos os existentes no Estado español
e supera todos os que hai en Portugal (algo máis de 30.000). Non é raro
entón que Xesús Ferro, da Real Academia Galega (RAG) considere que
sería bon comezar un proceso “para que a Unesco a declare
Patrimonio da Humanidade, porque a riqueza que nós temos é algo que non
se dá en todas partes e é un patrimonio que está en perigo”.
Ferro fixo estas declaracións durante a presentación pola Xunta da nova
versión do portal Toponimia. Entre as novidades, a xeoreferenciación dos
topónimos, que no caso de aqueles que pertencen ao Nomenclátor oficial de Galicia
(37.000) estánse rematando de xeolocalizar, pero ademáis a base de
datos contén en total 1,3 millóns de nomes, pois tamén se inclúe
microtoponimia. Na nova versión, os visitantes poderán xeolocalizar
tamén eses microtopónimos.
Que concello galego non ten algún lugar que se denomine A Igrexa? Sería difñicil atopalo. A Igrexa é o topónimo máis frecuente en Galiza, seguido de outros como Castro, Outeiro, Vilar, A Torre, O Pazo. De feito, A Igrexa é o topónimo máis empregado en todo o Estado embora se usar só no noso país. Hai máis de 600 lugares con ese nome. A riqueza toponímica Galiza é inmensa. Un concello como o de Cangas ten, en base aos dados do Instituto xeográfico, e cunha superficie de 38 quilómetros cadrados, máis de 6.000 topónimos e microtopónimocos, unha media de 120 por quilómetro cadrado.
Importancia
O Proxecto Toponimia de Galicia, posto en marcha no ano 2000 como un proceso complementario ao Nomenclátor de Galicia, aborda a recuperación do que se vén chamando microtoponimia, é dicir, a toponimia referente ás entidades xeográficas distintas dos núcleos de poboación, tales como terras de cultivo, cursos de auga, outeiros e montes. A iniciativa naceu coa intención de salvar un patrimonio que en Galiza é especialmente rico, debido a factores diversos como o espallamento da poboación no territorio, a división da terra en parcelas moi pequenas ou a orografía.

Ningún comentario:
Publicar un comentario