Cisneros enviou un vídeo, titulado El mundo en tus manos, co que a autora quixo concienciar "sobre o impacto que o noso modo de vida actual ten sobre o planeta Terra e como está nas nosas mans coidar o mundo que habitamos". O xurado destacou a calidade do vídeo da alumna arzuá, no ámbito das animacións con explicacións de competencias chave no ámbito da ciencia e tecnoloxía.
Ademáis de Iris Cisneros, o alumno Iván Orois, tamén de 2º ESO no IES de Arzúa quedou igualmente en boa posición con dous traballos presentados: A viaxe dos baleeiros, que propón unha viaxe na que percorreremos a historia dos baleeiros e da pesca das baleas, as especies de baleas mais características nos nosos mares, a situación actual das baleas no mundo e en Galicia. As ilustracións do traballo son obra do propio autor. O segundo traballo de Orois, titulado Contaminación do medio acuático, é un traballo de investigación e sensibilización sobre a problemática derivada da contaminación do medio acuático e as súas consecuencias.
Coa valoración dos traballos presentados, seleccionáronse os 52
alumnos e alumnas que formarán parte do II Campus xuvenil internacional
Climántica - CENEAM que se celebrará do 2 ao 6 se setembro de 2016 no
Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), centro de referencia en
Educación Ambiental situado na localidade segoviana de Valsaín
- La Granja de San Ildefonso, que dará continuidade á primeira edición
celebrada o curso pasado. Iris Cisneros e Iván Orois participarán por
segundo ano neste campus, despois de teren sido seleccionados xa o ano
pasado e asistir acompañados da profesora de tecnoloxía Mª Jesús Gómez,
quen os orientou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario