MANUEL QUINTANA MARTELO, PRESIDENTE DA ACADEMIA DE BELAS ARTES
Pintor e presidente da Academia Galega de Belas Artes, Quintana Martelo lamenta a situación no CGAC, que está a preparar a eliminación de dous novos postos de traballo, dentro dunha política de recortes que supuxo nos últimos 8 anos unha redución de 11 traballadores no principal centro de arte contemporánea de Galiza.
- Como se avalía desde a Academia de
Belas Artes a sitaución que está a atravesar o CGAC neste momento, que
vai amortizar dúas prazas e leva perdidos 11 postos de traballo en oito
anos?
- Como presidente da Academia a nós preocúpanos calquera debate dentro de todo o ámbito da cultura, porque temos seccións a todos os niveis: arquitectura, pintura, artes da imaxe, etc. Eu creo que a reflexión basicamente que facemos, eu persoalmente, e non dubido que o equipo o compartiría, é que o mundo da cultura está nunha situación bastante lamentable, non só en Galiza senón en todo o país, só hai que ver como mermaron os orzamentos para todos os centros. Probablemente aí está o centro do debate. Cal é a opinión nosa sobre a merma dos traballadores do CGAC? Pois, nós como Academia non tivemos un debate sobre isto nin desde o CGAC chegou ningún tipo de petición de reflexión sobre esta cuestión. Eu estou falando desde o punto de vista persoal, coa voz que implica a presidencia, e cunha preocupación, pero a todos os niveis. Hai moitas cousas do CGAC que non chegan a nós. Pedimos varias veces a incorporación dun representante, precisamente para ter unha voz e unha implicación pero non foi posible.
- Vostede como pintor de relevancia supoño que terá unha opinión...
- Como pintor e como presidente e como persoa da cultura transmito esta preocupación pola cultura. Neste país o primeiro que cae é a cultura. Sempre que hai problemas económicos o primeiro que cae son as entidades culturais, somos os que suscitamos o debate social menos evidente e cando hai situacións de paro tan grave, parece que reclamar para a cultura ponnos nunha posición de élite, e tampouco é así, porque un pobo maniféstase a través da súa cultura. Como pintor e como persoa independente, preocuparíame iso, como me ten preocupado outras veces o traballo -teño que dicir- deficiente que se ten feito desde o propio CGAC. Eu creo que a reflexión debería ser máis plural. Se falamos de postos de traballo, calquera merma en postos de traballo do país, paréceme lamentable, e se é en cultura, máis aínda, porque vai influír no funcionamento óptimo do centro.
- O CGAC leva bastantes anos nunha situación de distanciamento no ámbito social bastante importante. Pasou un momento bo no seu nacemento, aínda que tiña tamén os seus detractores. Logo tivo unha etapa bastante equilibrada, pero caeu absolutamente cando Manuel Olveira estivo á fronte, a uns niveis absolutamente lamentables. E a partir de aí está costando moito levantar ese centro, e para min había que quizais ter unha situación non só de pluralidade no que debe ter un centro galego de arte contemporánea, que non debe ser só arte máis ou menos radical ou máis ou menos marxinal, senón atender a todo o que se está a facer no mundo da cultura, pero si sobre todo, non ter unha dirección ou unha presidencia que teña o mando absoluto. Debería haber un colectivo máis amplo e unha maior reflexión do que debe ser un centro de arte contemporánea.
- Unha das cuestións que esta reforma propón é que o director do CGAC sexa un funcionario.
- Eu iso lino a través dun comunicado que nos chegou, pero non teño información fehaciente diso. Como artista pareceríame bastante lamentable que houbese intromisión política directa nun centro de arte, pero como presidente até que non teña información oficial, non debo opinar.
- Creo que eu entendo que ningún museo nin centro de arte debería estar baixo un control político. Debería haber independencia absoluta, porque entendo que é a única maneira de poder desenvolver a arte e a arte non atende a cores nin a normativas políticas de ningún tipo, entón aí si que debería estar fóra diso, pero tamén é que este tema é moito máis profundo. Por outra banda, tamén os centros dependen de subvencións e veñen a través de orzamentos públicos, e unha das cousas que a min me parecen penosas é que ningún centro se plantexe un modelo de pervivencia, que non sei se é posible, pero eu xa teño dito moitas veces que un modelo a observar sería o dos centros de arte nos Estados Unidos, onde a iniciativa privada, o altruísmo e a filantropía está moito máis implicada. Non teñen que ser os políticos os que resolvan todos os temas, tería que haber moita máis participación da sociedade e entendo que aquí non a hai.
- En Estados Unidos non hai nin ministerio de cultura. Alí o modelo é completamente diferente.
- Alí os centros de arte teñen un modelo case empresarial. Teñen unha organización extraordinaria, funciona por resultados, que teñen que ser positivos. Cal é un dos centros que mellor funciona en España? O Thyssen, porque ten un modelo que se achega máis ao americano en moitas cuestións.

Sempre que hai problemas económicos o primeiro que cae son as entidades culturais, somos os que suscitamos o debate social menos evidente- Cales son as eivas do CGAC na súa opinión?
- O CGAC leva bastantes anos nunha situación de distanciamento no ámbito social bastante importante. Pasou un momento bo no seu nacemento, aínda que tiña tamén os seus detractores. Logo tivo unha etapa bastante equilibrada, pero caeu absolutamente cando Manuel Olveira estivo á fronte, a uns niveis absolutamente lamentables. E a partir de aí está costando moito levantar ese centro, e para min había que quizais ter unha situación non só de pluralidade no que debe ter un centro galego de arte contemporánea, que non debe ser só arte máis ou menos radical ou máis ou menos marxinal, senón atender a todo o que se está a facer no mundo da cultura, pero si sobre todo, non ter unha dirección ou unha presidencia que teña o mando absoluto. Debería haber un colectivo máis amplo e unha maior reflexión do que debe ser un centro de arte contemporánea.
- Unha das cuestións que esta reforma propón é que o director do CGAC sexa un funcionario.
- Eu iso lino a través dun comunicado que nos chegou, pero non teño información fehaciente diso. Como artista pareceríame bastante lamentable que houbese intromisión política directa nun centro de arte, pero como presidente até que non teña información oficial, non debo opinar.
Un modelo a observar sería o dos centros de arte nos Estados Unidos, onde a iniciativa privada, o altruísmo e a filantropía está moito máis implicada- O CGAC é un dos poucos museos da súa caste que depende directamente dunha administración. Cre que debería ser parte dunha fundación (ou calquera outro modelo máis independente) para que tivese unha certa autonomía do poder político?
- Creo que eu entendo que ningún museo nin centro de arte debería estar baixo un control político. Debería haber independencia absoluta, porque entendo que é a única maneira de poder desenvolver a arte e a arte non atende a cores nin a normativas políticas de ningún tipo, entón aí si que debería estar fóra diso, pero tamén é que este tema é moito máis profundo. Por outra banda, tamén os centros dependen de subvencións e veñen a través de orzamentos públicos, e unha das cousas que a min me parecen penosas é que ningún centro se plantexe un modelo de pervivencia, que non sei se é posible, pero eu xa teño dito moitas veces que un modelo a observar sería o dos centros de arte nos Estados Unidos, onde a iniciativa privada, o altruísmo e a filantropía está moito máis implicada. Non teñen que ser os políticos os que resolvan todos os temas, tería que haber moita máis participación da sociedade e entendo que aquí non a hai.
- En Estados Unidos non hai nin ministerio de cultura. Alí o modelo é completamente diferente.
- Alí os centros de arte teñen un modelo case empresarial. Teñen unha organización extraordinaria, funciona por resultados, que teñen que ser positivos. Cal é un dos centros que mellor funciona en España? O Thyssen, porque ten un modelo que se achega máis ao americano en moitas cuestións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario