O STEG (Sindicato de traballadoras e
traballadores do Ensino de Galiza), en relación á publicación o pasado
venres 10 de xuño no DOG da Orde de avaliación para o alumnado de
Primaria (unha normativa chea de contradiccións que demostra as mentiras
que a Administración veu difundindo a conta das reválidas), quere
manifestar que:
-Esta orde, no seu artigo 2, recolle que "A avaliación dos
procesos de aprendizaxe do alumnado será continua e global, e terá en
conta o seu progreso no conxunto das áreas e na adquisición das
competencias clave", o cal é un principio admitido por toda a
comunidade educativa, e que debería rexer todo o proceso de avaliación.
En diferentes escritos publicados polo STEG insistimos en que as
reválidas son todo o contrario desa avaliación continua, global
eformativa, xa que a calificación do alumnado depende dunha única proba
que,segundo a LOMCE a debería realizar e avaliar persoal externo ao
centro e non foi o caso.
Porén, no artigo 6.2 que fala da promoción de curso e etapa, indícase que "Os informes das avaliacións individualizadas de terceiro curso de educación primaria e de final de educación primaria teranse en conta", e no artigo 11.1 tamén sinala que estas mesmas reválidas constitúen un documento de avaliación válido. É dicir, que unha proba que non vai contar na notamedia pode ser determinante á hora de se unha alumna ou alumno pode repetir curso.
Porén, no artigo 6.2 que fala da promoción de curso e etapa, indícase que "Os informes das avaliacións individualizadas de terceiro curso de educación primaria e de final de educación primaria teranse en conta", e no artigo 11.1 tamén sinala que estas mesmas reválidas constitúen un documento de avaliación válido. É dicir, que unha proba que non vai contar na notamedia pode ser determinante á hora de se unha alumna ou alumno pode repetir curso.
No STEG queren lembrar que durante o pasado mes de maio viñeron
advertindo do pernicioso desta proba, pero bombardeouse a diario dende a
Xunta, ben na prensa, ben mediante a páxina da Consellería de Educación
utilizada como propaganda, con declaracións acerca de que as reválidas
non ían influír no expediente académico ou na nota media, polo que as
familias deberían tranquilizarse polo seu resultado.
No STEG seguen mantendo que para detectar dificultades no alumnado e
mellorar a calidade do ensino público non son precisas as reválidas que
con tanto empeño defenden. Sería moito máis efectivo aumentar os cadros
docentes, sobre todo no profesorado de apoio, para poder reducir as
ratios (a manipulación do dato da ratio máis baixa do estado daría para
outro documento), e para que as titoras e titores, que son quen
realmente poden coñecer e avaliar ao alumnado, poidanatender moito
mellor as dificultades que detecten ao longo do curso.
Por todo isto e máis, dende o STEG esixen á Consellería:
-Que modifique a Orde de avaliación de primaria para que non
recoñeza as reválidas como instrumento de avaliación nin como criterio
para a promoción de curso e etapa.
-Que os resultados das reválidas levadas a cabo durante este curso
non se comuniquen aos centros nin ás familias, polos efectos
tremendamente perniciosos que poderían ter sobre a decisión da promoción
ou non do alumnado.
-Que se eliminen as reválidas previstas para o curso que vén, tal e
coma fixeron outras comunidades, tendo en conta o incerto panorama
electoral e lexislativo que terá lugar nas próximas datas
-Que, dunha vez por todas, revirta os recortes en materia de
persoal e reduza as ratios asi como o gasto da realización das probas,
para que o profesorado teña unha maior capacidade real para detectar,
corrixir e prever as dificultades que o alumnado poida ter na
adquisición das competencias, coidando especialmente a atención á
diversidade, contribuíndo a reequilibrar a desigualdade social, non a
perpetuala.
Por último, a Consellería, di o STEG, imcumpre a normativa do
Ministerio de Xustiza no tocante ao recoñecemento dos diversos tipos de
familias, cando nos anexos para pedir os datos dos proxenitores fala de
pai e nai e non de Proxenitor A e proxenitor B tal e como se di na orde
(JUS/568/2006). Se o Ministerio de Xustiza xa pide que para realizar as
inscricións se nomee deste xeito moito máis respectuoso para a
diversidade familiar, a Xunta dez anos despois, desoíndo esta
lexislación, aínda fala de pai/nai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario