- A día de hoxe, o sistema de xestión de datos XADE non permite que os profesores e profesoras poidan cubrir a avaliación por competencias
A Federación do Ensino de
Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Ensino) denuncia a «improvisación»
da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e «a
falta de respecto» da Administración educativa ao profesorado. O
sindicato critica que se publicase «tarde» (só doce días antes de
rematar o curso) a orde de avaliación da educación primaria e, «aínda
por riba», que o sistema XADE (a aplicación informática para a xestión
de datos) non permita introducir as avaliacións por competencias a que
obrigan tanto a devandita Orde como a LOMCE.
Pantalla de inicio de sesión no sistema XADE
CCOO-Ensino púxose en contacto coa
Consellaría, pero unicamente tivo como resposta que «aínda non teñen
claro» cando se poderán introducir estes datos no sistema. Pola contra, a
interface do propio XADE amosa unha mensaxe que advirte que a dita
opción previsiblemente estará dispoñible na primeira semana de xullo.
A Federación do Ensino de CCOO xa denunciara no seu día que a publicación da Orde de avaliación de primaria chegaba tarde e obrigaba o profesorado a adaptar sobre a marcha os documentos de avaliación da etapa. A queixa sindical vese confirmada pola imposibilidade de facer efectivos uns documentos no sistema de xestión que ha recoller o historial do alumnado —e que o acompañará por traslado de centro ou cambio de etapa educativa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario