Entre o 8 e 10 de xuño decorren as probas de acceso á universidade antes da entrada en vigor da reválida de bacharelato.
A Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE)
prevé a desaparición da selectividade, unha proba que entrou en vigor
hai 30 anos e que podería ter os días contados. Na Galiza, esta proba de
acceso á universidade terá lugar do 8 ao 10 de xuño.
A avaliación destas probas correrá a conta das Comisións de Avaliación conformadas por representantes da administración, das universidades e do profesorado de bacharelato, como acontece na actualidade. Así mesmo, serán as encargadas da elaboración das probas se ben o Ministerio prevé, através dun decreto, fixar uns criterios a respeito da tipoloxía das preguntas, o tempo de duración e a súa proporción en función dos coñecementos que debería alcanzar o alumnado após o curso.
Unha proba "única" para o conxunto do Estado español
Así as cousas, desde a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) prevén que sexa unha proba "única" para o conxunto do Estado español embora "flexíbel para que as comunidades desenvolvan os exames cada unha no seu territorio", sinalou o seu presidente, Segundo Píriz. Aliás a LOMCE permite que as universidades que así o queiran poidan estabelecer --para alén da reválida-- a súa proba de acceso.
Desde a Plataforma galega en defensa do ensino público insisten en reclamar a derrogación da LOMCE e as organizacións estudantís no acceso libre ao ensino universitario, sen probas de acceso para as titulacións.
Os reitores das universidades galegas propuxeron que sexa a reválida a que determine a nota de corteSegundo a LOMCE este mecanismo de criba desaparecería e no seu lugar aparecerá unha reválida que atinxe o conxunto do estudantado --teña ou non vontade de acceder ao ensino universitario, sen a que non poderán conseguir a titulación. Aliás, a Consellaría de Educación prevía fixar unha outra proba para o acceso a aquelas carreiras universitarias que teñan límite de prazas. Porén, os reitores das universidades galegas propuxeron que sexa a reválida a que determine a nota de corte representando, como na actualidade, o 60% da mesma fronte ao 40% da avaliación obtida no curso.
A avaliación destas probas correrá a conta das Comisións de Avaliación conformadas por representantes da administración, das universidades e do profesorado de bacharelato, como acontece na actualidade. Así mesmo, serán as encargadas da elaboración das probas se ben o Ministerio prevé, através dun decreto, fixar uns criterios a respeito da tipoloxía das preguntas, o tempo de duración e a súa proporción en función dos coñecementos que debería alcanzar o alumnado após o curso.
Unha proba "única" para o conxunto do Estado español
Así as cousas, desde a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) prevén que sexa unha proba "única" para o conxunto do Estado español embora "flexíbel para que as comunidades desenvolvan os exames cada unha no seu territorio", sinalou o seu presidente, Segundo Píriz. Aliás a LOMCE permite que as universidades que así o queiran poidan estabelecer --para alén da reválida-- a súa proba de acceso.
Desde a Plataforma galega en defensa do ensino público insisten en reclamar a derrogación da LOMCE e as organizacións estudantís no acceso libre ao ensino universitario, sen probas de acceso para as titulacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario