Pais e nais, xunto cos pequenos, protestaron polo peche -outro máis- dunha escola unitaria nunha parroquia de CercedaNúñez Feijóo non se achegou para escoitar as reclamacións dunhas familias que, segundo contan, recibiron a noticia o pasado luns. Daquela, a profesora dos pequenos foi informada pola inspectora de Educación do posible peche da escola e convidou os pais e nais a unha xuntanza para este xoves onde avaliar a situación e na que estarán a inspectora e un membro do goberno de Cerceda. Iso é o que lle explican nunha carta que, de cumpriren co prometido, foille entregada ao presidente da Xunta polos policías que "custodiaron" a protesta durante hora e media para evitar que se achegaran ao lugar do acto.
"Co peche da escola, as familias quedan sen dereito a elixir o centro ao que mandar os seus fillos, xa que as zonas de escolarización non están respectadas"Os pais e nais do CEIP do Calvario expresaranlle á inspectora de Educación as súas demandas, as mesmas que recolleron nun escrito no que lle lembran que "co peche da escola, as familias quedan sen dereito a elixir o centro ao que mandar os seus fillos, xa que as zonas de escolarización non están respectadas". "Temos constancia de que nenos e nenas residentes nas parroquias de Queixas e de Xesteda, aos que lles correspondería scolarizarse na escola unitaria do Calvario, van o CPI O Cruce, xa que este lles proporciona os servizos de autobús e de comedor", din.
Ao tempo, din "non entender" o peche se a razón que se dá é a redución de gastos, "xa que a apertura dunha nova aula no CPI O Cruce (cousa que xa dan por feito as familias dos nenos excluídos do CPI O Cruce) suporía os mesmo gastos de persoal e material, entendendo que o mantemento das infraestruturas corre a cargo do Concello de Cerceda" Ademais, aseguran que, baseándose no estudo demográfico de natalidade en Cerceda, "a viabilidade" do centro estaría máis que demostrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario