O
presidente da Mesa pola Normalización Lingüística afirmou “que o dereito
a vivir en galego con plena normalidade non está garantido e hai que
actuar para realizar mudanzas lexislativas pois aínda en 2016 hai máis
de 500 disposicións legais que amparan ou obrigan ao uso do castelán
fronte a menos dunha decena a favor do galego e que no mellor dos casos
consenten simplemente o seu uso”.
Neste
sentido A Mesa pola Normalización Lingüística informa que o executivo
en funcións do goberno español aprobou en apenas dous meses 8 normas
legais que regulan 39 puntos impositivos do español polo que pide dos
partidos políticos un compromiso para mudar esta situación de
discriminación lingüística.
A
Mesa solicítalles a todos os partidos políticos un compromiso co galego
nas súas declaracións e actos de campaña das eleccións xerais. As
declaracións de diferentes persoas destacadas do Partido Popular con
argumentos de imposición do galego non respecta a Declaración a prol da
unidade a favor da lingua galega, que o 15 de xullo de 2015 asinaron
todos os partidos políticos, incluído o PP, na que se sinalaba que era
preciso abrir unha nova etapa de normalidade para a lingua galega.
Marcos
Maceira lembrou que “a Declaración baséase nun acordo para tomar como
punto de partida a Lei de normalización lingüística, a Lei de uso do
galego como lingua oficial de Galiza polas entidades locais e o Plan
xeral de normalización da lingua galega de 2004”.
As
organizacións políticas galegas, coas súas diferentes alternativas,
proxectos e ideoloxías, manifestaron unidade na vontade de normalizar a
lingua galega e devolverlle o protagonismo que nunca debeu perder,
retomando e iniciando todas as medidas e accións que foren precisas para
a súa reposición, rehabilitación e plena normalidade, comprometéronse a
reactivalas e promovelas en todas as áreas e institucións onde teñan
responsabilidade de goberno.
A
Mesa pola Normalización Lingüística propón varias medidas para avanzar
na normalización da lingua galega e, entre elas, Marcos Maceira destacou
“elaborar de maneira ampla e consensuada un novo decreto para o uso do
galego no ensino, que atenda aos principios de normalización lingüística” e tamén “garantir
unha oferta ampla de liñas de ensino infantil en galego en todas as
vilas e cidades pois os datos mostran unha exclusión do galego na
educación infantil das cidades”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario