A plataforma tecnolóxica de Química Sostible SusChem España concedeulle á investigadora do CiQUS da USC Noelia Casanova o premio Predoc-MestreLab 2016 ao mellor artigo científico publicado en 2015 por un/unha estudante de doutoramento.
O traballo, que publicou a revista Angewandte Chemie baixo o título
“Rhodium-Catalyzed (5+1) Annulations Between 2-Alkenylphenols and
Allenes: A Practical Entry to 2,2- Disubstituted 2H-Chromenes” , sitúase como un highly cited paperen Web of Science (está entre o 1%
dos artigos máis citados da súa área no mesmo ano de publicación) e
describe unha nova maneira de sintetizar derivados de cromenos
utilizando sustancias de partida sinxelas e permitindo o uso de
disolventes sen secar e ao aire.
A reacción procede a través dun proceso en cascada que implica a activación dun enlace C-H cun catalizador de Rh(III), a adición a un aleno e logo é seguido dun proceso de migración [1,7] de hidróxeno e un peche de anel mediante unha reacción electrocíclica.
O obxectivo dos Premios SusChem Novos Investigadores é recoñecer o labor de investigadores menores de 40 anos no ámbito da química en España mediante o apoio, promoción e estimulación da súa actividade científica e divulgativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario