A cita da Miniciencia de Pontevedra amplía o seu programa de actividades dirixidas ós máis pequenos.
O próximos días 3 e 4 de xuño, celebrarase a terceira edición da Feira de Miniciencia de Pontevedra, a Pontenciencia 2016. Este evento que ten por finalidade expoñer os proxectos de investigación escolar e acercar a ciencia ós máis pequenos, celebrarase no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e será aberta ó público.Este ano celébrase a terceira edición dunha cita na que os nenos colaborará coa Universidade, coa Misión Biolóxica e co CIFP Carlos Oroza para realizar investigacións científicas e que contará con tres espazos diferenciados.
O primeiro deles corresponde ó espazo expositivo no que se exporán os proxectos dos participantes e da comunidade universitaria. A continuación, o espazo de proxección audiovisual cun programa de vídeos relacionados co mundo da investigación e da ciencia e un terceiro espazo interactivo con actividades dirixidas a potenciar e dinamizar a feira, incluíndo opcións axeitadas a cada idade.
Os alumnos dos CEIP/CEP do concello de Pontevedra poderán participar nas modalidades de Ciencia no Cole ou Ciencia en Familia. Exporán os resultados dos proxectos de investigación que seleccionen a partir das propostas realizadas por un comité científico universitario ou ben dunha temática libre, e que levaron a cabo co apoio dos seus mestres e familiares. E farase entrega de diplomas pola presentación dos proxectos a todos os participantes e colaboradores.
Aquí podes ver ou descargar o programa de Pontenciencia
Ningún comentario:
Publicar un comentario