A Consellaría de Educación publicou a pasada sexta feira a resolución pola que concede axudas aos proxectos de fomento da lingua nos centros públicos do país. A CIG-Ensino critica as cantidades “raquíticas” e denuncia que se difunda esta resolución “cando só faltan 20 días para rematar o curso”.
O DOG facíase eco esta sexta feira da resolución da Consellaría de Educación pola que concede axudas a proxectos que fomenten o uso do galego.
A CIG denuncia o “desleixo inmenso” da Xunta pola lingua, dadas as
“axudas raquíticas” e por anuncialas cando apenas fican 20 días para que
remate o curso.
“Non doutro xeito se pode cualificar a teimosía con que insiste en convocar unhas raquíticas axudas durante o segundo trimestre do curso, axudas que non se resolven até estar avanzado o terceiro trimestre”, sinala a CIG-Ensino a respeito do anuncio publicado no DOG.
O sindicato nacionalista advirte de que as axudas, que pertencen ao curso escolar 2015-2016, deberían publicarse no inicio do curso e deberían resolverse, como moi tarde, no inicio do segundo trimestre. Tamén apunta á necesidade de aumentar a contía para que estas axudas “signifiquen unha dotación real e efectiva para o desenvolvemento de actividades nos centros”.
Redución de máis do 60% desde que goberna Feijóo
De feito, os centros de ensino público viron caer máis do 60% os orzamentos destinados á normalización desde que Alberto Núñez Feijóo é presidente da Xunta. “Pouco, moi pouco, poden facer os centros cunha axuda que oscila entre os 300 e os 350 €. Estamos falando dunha cifra que apenas acada o importe dun autobús para acudir a unha actividade normalizadora, por pór un exemplo”, subliña a CIG-Ensino.

"A Consellaría sabe que os equipos non poden programar as actividades sen coñecer a contía das axudas, de aí a súa tardía publicación", advirte a CIG-EnsinoA CIG-Ensino afirma que “estamos ante un sutil mecanismo de paralización do importante labor dos equipos de normalización. A Consellaría sabe que os equipos non poden programar as actividades sen coñecer a contía das axudas, de aí a súa tardía publicación, e sabe tamén que a súa continua redución é un importante impedimento para deseñalas e desenvolvelas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario