Esta primavera cúmprense cen anos da
fundación das Irmandades da Fala d’A Coruña, primeiro e de Santiago de
Compostela, despois. A esta fundación axiña seguirían outras vinte e
seis polo País adiante. As Irmandades nacen na I Guerra Mundial
conectadas co agromar en Europa do rexurdimento das nacionalidades
(velaí a rebelión de Páscoa en Irlanda) para reivindicar o galego como
lingua de futuro e progreso. Por iso xuntaron axiña o máis dinámico e
moderno da intelectualidade e sectores profesionais galegos,
alicerzándose nunha ampla transversalidade, dende conservadores como
Lousada Diéguez., Vicente Risco ou Cabeza de León até unha maioría
progresista (Peña Novo, Villar Ponte).
O avance de Galicia até 1936 foi moi importante, tanto no empresarial e financeiro como no social e político. Mais no verán dese ano trunfou o golpe da barbarie criminal, que atendería nomeadamente reprimir calquera manifestación de galeguidade e facer esquecer este próximo pasado, sen o que a Galicia de hoxendía non sería comprensíbel.
Xuntaron axiña o máis dinámico e moderno da intelectualidade e sectores profesionais galegos, alicerzándose nunha ampla transversalidadeRemataba a guerra mundial e mataba a gripe española millóns (entre eles o líder natural irmandiño, Lois Porteiro Garea), cando as Irmandades definiron por primeira vez o galeguismo como nacionalista, na Asemblea de Lugo de novembro do 1918. O galeguismo espállase e convértese en organización de masas ao arraizar no agrarismo. Mentres, os galeguistas sitúanse na vangarda cientìfica e fundan no 1923 o Seminario de Estudos Galegos. Tamén atenden á promoción deportiva, nomeadamente do fútbol. Son galeguistas os que fundan o Eiriña en Pontevedra ou batizan a fusión do Vigo Sporting e do Fortuna (1922) co patriótico nome de Celta. No mundo empresarial, son galeguistas os que fundan a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, dirixida por Alexandre Bóveda, o fundador do Banco Pastor (D. Ricardo Rodríguez Pastor) ou o director-copropietario do Balneario de Mondariz, D. Enrique Peinador Lines. Mentres, a Igrexa coñece do pulo galeguista do Arcebispo Lago ou dos pensadores da revista Logos. Máis serodio é o arraizamento do galeguismo na clase operaria, malia que as relacións entre o sindicalismo cenetista n’A Coruña e o galeguismo sempre foron cordiais e fluídas.
O avance de Galicia até 1936 foi moi importante, tanto no empresarial e financeiro como no social e político. Mais no verán dese ano trunfou o golpe da barbarie criminal, que atendería nomeadamente reprimir calquera manifestación de galeguidade e facer esquecer este próximo pasado, sen o que a Galicia de hoxendía non sería comprensíbel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario