mércores, 1 de xuño de 2016

23 de xuño, inicio das oposicións para o ensino

A Consellería de Educación aproba as datas dos exames e do calendario escolar para o vindeiro curso.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria informa que vén de fixar para o 23 de xuño o inicio dos exames das oposicións, cuxa convocatoria para este ano ascende a 1.112 prazas, o 100% da taxa de reposición. A fixación das datas posteriores será determinada por cada un dos tribunais e, dado que o 24 é festivo e o 25 previsiblemente se instalarán os colexios electorais, os tribunais poderían determinar o día 27 como seguinte data para a continuación das probas.
O Goberno asegura que con esta oferta –coa que se cobren 12 prazas no corpo de inspectores de educación, 478 no corpo de profesores de ensino secundario, 122 no de profesores técnicos de formación profesional e 500 no de mestres– búscase "manter o de Galicia como o nivel máis baixo de interinidade no persoal docente de todo o Estado español." A data deuse a coñecer hoxe na Mesa Sectorial de Educación.
Cómpre lembrar que a distribución de prazas por especialidade é a seguinte:

Especialidade
Prazas A2-A1
libre
Total
Profesores de ensino secundario
Lingua Castelá e Literatura
14
56
70
Xeografía e Historia
11
44
55
Matemáticas
15
60
75
Física y Química
8
32
40
Bioloxía e Xeoloxía
9
36
45
Inglés
9
36
45
Educación física
4
16
20
Orientación educativa
5
20
25
Formación e Orientación Laboral
10
40
50
Hostalaría e Turismo
3
10
13
Informática
4
16
20
Intervención sociocomunitaria
4
16
20
TOTAL
96
382
478
Profesores técnicos de FP
Cociña e pastelería
 
12
12
Instalacións electrotécnicas
 
24
24
Mantemento de vehículos
 
24
24
Mecanizado e mantemento de máquinas
 
17
17
Servizos á Comunidade
 
20
20
Sistemas e aplicacións informáticas
 
25
25
TOTAL
 
122
122
Mestres
Educación infantil
 
186
186
Lingua estranxeira: inglés
 
56
56
Lingua estranxeira: francés
 
30
30
Educación física
 
40
40
Música
 
36
36
Pedagoxía terapéutica
 
56
56
Audición e linguaxe
 
56
56
Educación Primaria
 
40
40
TOTAL
 
500
500
Inspectores de Educación
 
 
12
12
TOTAL
 
 
1.112
Calendario escolar 2016/2017
Na mesma Mesa Sectorial tamén se debateu e aprobou, entre outros asuntos, o calendario escolar para o vindeiro curso. Neste sentido, en educación infantil, primaria e educación especial, as clases comezarán o 12 de setembro de 2016 e rematarán o 23 de xuño de 2017, ambos inclusive. Para educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional fíxase o inicio de curso tres días despois (o 15 de setembro).
En canto aos períodos de vacacións, o Nadal establécese desde o día 22 de decembro de 2016 ata o 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive. Pola súa banda, as vacacións de entroido serán o 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo do ano que vén; mentres que as de Semana Santa fíxanse desde o día 10 ata o 17 de abril, ambos inclusive.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario