O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
rexeita a medida de colocación de cámaras de vídeo-vixianza nos centros
escolares galegos, debido principalmente á súa falta de eficacia á hora de previr o acoso escolar. "O medio principal e o máis axeitado para a prevención da violencia nas aulas é a través da educación e recursos como as gravacións poden resultar incluso contraproducentes".
Desde o COPG expresan distintas preocupacións respecto a esta proposta. En primeiro lugar, está o relacionado co dereito á protección da intimidade do alumnado,
xa que existe unha liña moi fina entre a seguridade e a intimidade;
sendo a protección da súa intimidade parte fundamental da seguridade que
hai que garantirlles como menores que son.
O colectivo de profesionais da psicoloxía manifesta serias dúbidas sobre se a medida da vídeo-vixianza acadará o obxectivo que persegue: a prevención e a intervención sobre as situación de acoso e violencia nos centros escolares. Cómpre preguntarse se realmente a presenza das cámaras disuadirá os agresores ou agresoras, dado que é imposible que as cámaras poidan chegar a filmar todos os recunchos do recinto escolar.
É máis, no referente ao acoso e ás agresións psicolóxicas, desde o punto de vista dos psicólogos e psicólogas do eido educativo, isto sería moi complexo; non só no caso do acoso psicolóxico (o cal pode chegar a ser moi sutil e polo tanto, imposible de detectar por unha cámara), senón tamén no referente a todo tipo de situacións agresivas, sen esquecer o illamento social como forma de acoso. As relacións interpersoais son un proceso e a súa evolución está condicionada por múltiples factores, sendo as causas das situacións conflitivas, de moi diferente índole; é dicir, non sería axustado interpretar un comportamento ou reacción concreta dun xeito illado, senón que habería que contextualizalos e valorar o proceso que levou o rapaz ou rapaza a ese punto.
Finalmente, é preciso reflexionar sobre as consecuencias que pode chegar a ter esta medida sobre o alumnado. É moi posible que o alumnado remate “comportándose ben” por mor da presenza das cámaras, máis que por teren integrados na súa ética persoal unha serie de valores de respecto e convivencia. O alumnado baixo presión ou medo de ser gravado polas cámaras actuará dunha forma e tratará de buscar a maneira de non ser visto e saltar as normas. A súa ética resentirase, non actuando por si mesmo senón por medo a ser descuberto.
"Nos centros educativos temos que educar en valores desde a liberdade e a responsabilidade. Deste xeito, inculcaremos ao noso alumnado unha ética autónoma que lle permita converterse en cidadáns e cidadás independentes e con capacidade crítica" - frisan.

Ningún comentario:
Publicar un comentario