A Facultade de Informática da Coruña organiza un Scratch Day para nenos e nenas de 10 a 14 anos.
O vindeiro sábado, 7 de maio, a Facultade de Informática, en colaboración co Colexio Profesional de Exeñeiros Técnicos en Informática de Galicia (CPETIG) organiza o Scratch Day, un evento dirixido a nenos e nenas de 10 a 14 anos aos que se lles ensinará a facer o seu propio videoxogo.
Durante toda a xornada, na Facultade de Informática celebraranse talleres gratuítos de niveis básico e avanzado de scratch orientados a nenas e nenos de entre 10 e 14 anos. Os pequenos terán a oportunidade, entre outras moitas actividades, de poder desenvolver o seu videoxogo.
O scratch é unha linguaxe
de programación feito a base de bloques que se pegan, ao estilo dos
xogos de construción, e que fai que sexa moi doado o achegamento ás
nenas e nenos dende un enfoque didáctico e divertido. O Scratch Day é a celebración a escala global desta linguaxe, impulsada polo MIT Media Lab de Massachusetts (EEUU), para difundir o seu coñecemento. O día elixido pola universidade americana para a celebración do Scratch é o sábado 14 pero na Facultade de Informática adiantouse a este sábado.
A actividade é gratuíta previa inscrición.
Un exemplo do que son capaces de facer os alumnos é este vídeo realizado en homenaxe a Manuel María (para poder visionalo hai que facelo desde un ordenador).
Ningún comentario:
Publicar un comentario