O
parlamentario do BNG, Cosme Pombo defendeu hoxe unha Proposición non de
lei contra a “imposición da LOMCE e das reválidas en sexto de
primaria”. A LOMCE,dixo, é unha lei “corrosiva para o ensino público
galego” e recriminou que a Consellería de Educación non fora quen de
paralizar esa proba en primaria que hoxe comeza.
O parlamentario afirmou que as revalidas lembran outra época que “é mellor esquecer”
As
revalidas de 6º de primaria darán paso as de 4º de ESO e 2º de BAC,
revalidas “impropias dos tempos actuais” que nos lembran os tempos do
franquismo.
O nacionalista apelou ao
goberno galego a que escoite á Comunidade educativa de Galiza que
reclama paralizar a LOMCE e as reválidas e instar ao Goberno do Estado a
“derrogación da lei” que cualificou de “cancro do sistema educativo
galego”.
O
deputado nacionalista explicou que a reválida final de primaria que se
celebra hoxe, mañá e pasado foi rexeitada con rotundidade pola
Comunidade educativa galega, o alumnado, as AMPAS e a Plataforma en
defensa do Sistema de Ensino Público galego da que forma parte o BNG.
Cosme Pombo considerou que o normal sería que Educación paralizara a
proba como están a facer noutras comunidades autónomas. En Galiza, dixo,
“non queremos esta reválida porque é unha aberración dende o punto de
vista pedagóxico”, sometendo ao alumnado de 11 e 12 anos a unha “presión
innecesaria” mediante probas que non consideran a educación como un
proceso no que deben prevalecer as circunstancias persoais,
socioeconómicas e as capacidades do alumnado. Unha proba, recalcou que
só intenta medir as competencias lingüísticas en matemáticas, ciencia e
tecnoloxía.
Millóns de euros para celebrar as revalidas mentres continúan os recortes no ensino.
O
profesorado, engadiu, considera que se despreza a avaliación continúa
dos titores e titoras que son os que mellor coñecen as carencias e
potencialidade do alumnado así como os recursos necesarios para mellorar
a aprendizaxe escolar.
Finalmente, o
deputado afirmou que estas probas “discriminan” ao alumnado con
necesidades educativas especiais e supoñen “un gasto inútil” de millóns
de euros cando levamos “sete anos de recortes consecutivos no ensino
galego”.
O parlamentario agradeceu o
apoio dos grupos parlamentarios da oposición e lamentou que unha vez
máis, a PP votara en contra de que a consellería reconsidera paralizar
esta proba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario