Numerosos centros rexeitaron de diferentes formas as reválidas na mañá deste luns 9 de maio
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público continúa na súa loita contra a LOMCE e contra as reválidas que
están previstas para os días 11, 12 e 13 de maio. Numerosos centros
rexeitaron de diferentes formas as reválidas na mañá deste luns 9 de
maio. Os actos de hoxe súmanse ás concentracións realizadas na tarde do
mércores 4 de maio de rexeitamento á LOMCE e ás reválidas e convocadas
pola Plataforma nas cidades e diferentes vilas.
GALERÍA DE IMAXES
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público reitera o seu chamamento ás familias para que non envíen ás súas fillas e fillos aos centros e demanda da administración educativa a paralización destas probas e da propia LOMCE.
O calendario de accións contra a LOMCE terá continuidade o próximo mércores 11 de maio, coincidindo co inicio das probas, cunha concentración diante da Consellaría de Educación.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está integrada pola AS-PG, CIG-Ensino, Erguer. Estudantes da Galiza, a Federación Provincial de ANPA de Lugo (FAPACEL), a Federación de ANPA de Compostela, a Federación de ANPA da Costa da Morte, a Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS), Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Sindicato de Estudantes, BNG, Galiza Nova e a Federación de ANPA de Ponteareas (FANPO).

Ningún comentario:
Publicar un comentario