Ante a polémica xurdida en torno á supresión das dúas últimas estrofas do hino nacional no vindeiro partido da selección galega, dende Sermos Galiza falamos coa sociolingüista, profesora da UDC e colaboradora deste medio, Pilar García Negro, para que nos aporte a súa visión desta práctica.
Ano 1907, cidade da Habana. Dende o exilio, como non, nace o hino galego. Do mesmo xeito que a Rianxeira, composta orixinariamente na Arxentina, como recordo do fogar que tan lonxe se atopaba. Os Pinos
de Pondal foron dotados de melodía e, dende aquela, a súa popularidade
foi chegando paseniño a terras galegas. A letra do hino componse de
catro estrofes rematadas no último verso, Nación de Breogán, mais nas últimas datas está virando común a reprodución do hino reducido á metade situando o seu final en Fogar de Breogán.
Asimesmo, a filóloga e profesora na UDC aporta un dato histórico, remitíndose a agosto do ano 1975, como orixe da versión acurtada do hino: "Cabe denominalo versión franquista do hino, que xurdiu cando coros galegos interpretaron o hino até Fogar de Breogán como se fose unha canción galega con Franco presente no Pavillón de Deportes da Coruña. É unha mutilación intolerábel."
O feito de non reproducir a peza ao completo contrastaría co que se fixera nos anteriores encontros da irmandiña hai xa unha década. "É que cabe falar, neste caso, realmente do hino. Porque o outro non o é. É unha metade que obxectivamente só pode contentar a quen considera que este non é un país, que é un semi-país", afirmou Pilar, ao mesmo tempo que apuntou que: "Hai poucas datas, o mesmo día 13 de maio, na Sede da Academia Galega tamén tivemos que proseguir co primeiro verso da terceira estrofa, os bos e xenerosos, no canto dun hino que parece que estaba previsto que acabase en Fogar de Breogán. Polo tanto, o único que espero deste acto é que os asistentes continúen a cantalo, independentemente de que o queiran mutilar."
No presente ano 2016, fanse 109 anos da existencia do hino galego e súmanse máis de 30 anos de existencia proclamada legalmente e, para Pilar, "é incrible que se poida seguir debatendo sobre cal é a versión correcta".
Nos intres previos ao partido entre Galiza e Venezuela consumarase a interpretación dun hino reducido á metade. No palco estarán presentes as autoridades políticas, que segundo Pilar García Negro, "deberían declarar inmediatamente a execución e o canto do hino completo e erguerse, marchar do acto e denunciar de contado de non producirse."
"O hino rematado en Fogar de Breogán é unha versión franquista"En conversa con Pilar García Negro, analizamos a importancia de manter a integridade do hino: "Mutilar o hino é un atentado, non só contra un símbolo principal da nación galega que está definido xa hai máis de cen anos, senón que tamén é un atentado legal, xa que a Lei de Símbolos de 1984 (Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia) define o escudo, a bandeira e o hino, incluíndo as catro estrofes que compoñen a súa letra e a partitura completa."
Asimesmo, a filóloga e profesora na UDC aporta un dato histórico, remitíndose a agosto do ano 1975, como orixe da versión acurtada do hino: "Cabe denominalo versión franquista do hino, que xurdiu cando coros galegos interpretaron o hino até Fogar de Breogán como se fose unha canción galega con Franco presente no Pavillón de Deportes da Coruña. É unha mutilación intolerábel."
"O hino interpretado á metade só pode contentar a quen considera que este non é un país, que é un semi-país"Eventos oficiais e deportivos veñen xeralizando esta práctica e o último anuncio que levanta polémicas é a interpretación do mesmo no vindeiro partido da selección galega masculina de fútbol. O encontro levantou moitas expectativas e volve darlle visibilidade a Galiza neste deporte que reúne grandes cantidades de espectadores. O encontro pretende ser unha festa para as galegas e galegos, mais, segundo Pilar García Negro, o feito de non interpretar o hino completo faríalle perder esa condición: "Non sei se un evento deportivo ten moita relación coa nosa proclamación e asunción cívico-política como galegas e galegos. Mais esta decisión bota por terra calquera proclamación declarativa de galeguidade."
O feito de non reproducir a peza ao completo contrastaría co que se fixera nos anteriores encontros da irmandiña hai xa unha década. "É que cabe falar, neste caso, realmente do hino. Porque o outro non o é. É unha metade que obxectivamente só pode contentar a quen considera que este non é un país, que é un semi-país", afirmou Pilar, ao mesmo tempo que apuntou que: "Hai poucas datas, o mesmo día 13 de maio, na Sede da Academia Galega tamén tivemos que proseguir co primeiro verso da terceira estrofa, os bos e xenerosos, no canto dun hino que parece que estaba previsto que acabase en Fogar de Breogán. Polo tanto, o único que espero deste acto é que os asistentes continúen a cantalo, independentemente de que o queiran mutilar."
"Un símbolo tan importante que nos identifica como o que somos, como galegos, non é un medicamento dosificábel"Na outra cara da moeda están aqueles que opinan que unha adaptación do hino favorece o espectáculo e a que os espectadores canten con máis intensidade. Esta apreciación é "unha noxedade" para Pilar García Negro, xa que: "Un símbolo tan importante que nos identifica como o que somos, como galegos, non é un medicamento dosificábel nunhas poucas pingas para amosar unha especie de galeguidade retallada e permitida"
No presente ano 2016, fanse 109 anos da existencia do hino galego e súmanse máis de 30 anos de existencia proclamada legalmente e, para Pilar, "é incrible que se poida seguir debatendo sobre cal é a versión correcta".
Nos intres previos ao partido entre Galiza e Venezuela consumarase a interpretación dun hino reducido á metade. No palco estarán presentes as autoridades políticas, que segundo Pilar García Negro, "deberían declarar inmediatamente a execución e o canto do hino completo e erguerse, marchar do acto e denunciar de contado de non producirse."
Ningún comentario:
Publicar un comentario