En Galiza hai 2.331 empresas de tecnoloxía da información e comunicación, o que representa o 1,1% do total.
Sectores punteiros para o desenvolvemento e
progreso dunha economía como son os vencellados ao TIC (tecnoloxía da
información e comunicación) tamén sofreron o embate da crise, que en
Galiza se traducíu na destrución, entre 2009 e 2015, de máis do 7% dos empregos do sector.
En 2009 había 16.431 persoas dadas de alta na Seguridade Social en
actividades relacionadas cos TIC, un número que en 2015 descendía até
15.249. Estamos, pois a falar da perda de 1.182 postos de traballo, o que supón algo máis do 7 por cento.
E en 2015 foi un ano no que comezou a se recuperar empregio neste sector, pos no anterior, 2014, eran 14.576. En 2014 había 2.331 empresas con actividade en Galiza dedicadas ao sector das TIC, o que supón o 1,1% do total das empresas con actividade no noso país. Destas, 149 tiñan a súa sede fóra de Galiza. O 83,3% das empresas con actividade en Galiza dese sector tiñan entre 0 e 2 asalariados e só 16 tiñan máis de 100 asalariados.
No conxunto do Estado español, e segundo dados de sindicatos, destruíronse nestes anos 21.500 empregos TIC. Perto do 6% deles, en Galiza. Porén, Bruxelas e a UE insisten en varios informes en que o Estado español precisará 80.000 profesionais deste sector até 2020.

Ningún comentario:
Publicar un comentario