O debate sobre o ensino privado tamén está de plena actualidade na Comunidade Valenciana. Este domingo unha manifestación convocada por Escuelas Católicas (asociación de centros privados) e a Fundación de Colegios Diocesanos San Vicente Mártir, co apoio de PP e Ciudadanos, convocou a máis de dez mil persoas para protestar contra a política do Goberno rexional (PSOE-Compromís), que para o vindeiro curso abrirá 445 unidades de ensino público e pechará dúas de ensino concertado. O 27,4% dos alumnos e alumnas de Infantil e Primaria dan clase en centros concertados.
O ensino privado escolariza en Galicia a ao redor do 30% do alumnado dos ciclos do ensino obrigatorio, uns 95 mil estudantesE, mentres, cal é a situación de Galicia? O ensino privado escolariza en Galicia a ao redor do 30% do alumnado dos ciclos do ensino obrigatorio, uns 95 mil estudantes. En Infantil os centros privados dan servizo a 19.626 nenos e nenas (o 30% do total); en Primaria a 40.646 alumnos e alumnas (o 30% do total); e na ESO a 26.361 estudantes (o 29,7% do total).
Os concertos renóvanse cada catro anos. A última vez foi en 2013, cando a Xunta aprobou unha achega de 942 millóns de euros para os cursos 2013-14, 2014-15, 2015-16 e 2016-17, ao redor de 236 millóns por ano. Galicia, iso si, sitúase por debaixo da media estatal no referente á importancia das subvencións públicas entregadas aos centros de ensino privado. Segundo os datos oficiais do Ministerio, a nosa comunidade estas transferencias supoñen o 10,4% do orzamento total destinado a educación, fronte a unha media española do 14,2% e territorios como Euskadi, Navarra, Baleares, Madrid ou Cataluña que roldan o 20%. Dentro duns meses o Goberno galego (en principio o Executivo que resulte elixido tralos comicios do outono) deberá decidir sobre o mantemento, incremento ou redución desta cantidade.
Entre os centros privados que reciben cartos públicos en virtude dun concerto hai cinco (catro deles do Opus Dei) que segregan os seus alumnos e alumnas polo seu sexo. Aínda que en 2014 unha sentenza do Supremo decretara a ilegalidade destes concertos, a aprobación da LOMCE devolveu esta práctica á legalidade e a Xunta mesmo incrementou a achega económica para estes colexios.
Os concertos renóvanse cada catro anos. A última vez foi en 2013, cando a Xunta aprobou unha achega de 942 millóns de euros para o período 2013-2017A achega pública para os centros concertados decidida en 2013 reducírase lixeiramente dende a que se fixara no ano 2009 (259 millóns por ano) . Porén, nese mesmo período o orzamento total dedicado á educación polo Goberno galego veu sufrindo un descenso moi acusado, exactamente 335 millóns de euros menos. Unha das consecuencias máis directas deste recorte foi que entre 2009 e 2015 o cadro de persoal do sistema educativo galego descendeu nunhas 1.500 persoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario