FERVEN AS REDES SOCIAIS
A polémica organización galegófoba Galicia Bilingüe fai ferver as redes sociais ao comparar en dúas fotomontaxes a bandeira da patria coa esvástica do nazismo. O BNG da Coruña emprazou a entidade a pedir desculpas.
Galicia Bilingüe volve crear polémica ao estabelecer unha equivalencia entre a estreleira e a esvástica nazi a través de imaxes en Twitter. No primeiro dos chíos reproduce unha instantánea da bancada de Riazor cunha bandeira xigante da patria baixo o lema “Unha terra, un pobo, unha bandeira”.Este chío provocou que o BNG da Coruña se dirixira á entidade para lle esixir desculpas, así como peñas deportivistas.
De seguido, Galicia Bilingüe publicou outro chío na mesma liña, coa imaxe dunha bandeira da patria e unha esvástica nazi.
Non tardaron en chegar as reaccións contrarias á comparación de Galicia Bilingüe, que cualifican esta organización de fascista, miserábel e noxenta. Diante das numerosas reaccións, a organización galegófoba botou máis leña ao lume ao aludir “a los nacionalistas imponelenguas que se pican”.
http://twitter.com/BNGACorunha/status/731793681703931904/photo/1
http://twitter.com/GaliciaBilingue/status/731556024965038081/photo/1
Ningún comentario:
Publicar un comentario