Colectivos e persoas gravan vídeos animando a participar na manifestación que convoca Queremos Galego polo Día das Letras Galegas.
Escritores, mestres, músicos, representantes
de ANPAs, de colectivos ambientalistas, ou asociacións veciñais...
gravando vídeos nos que explican os motivos e argumentos polos que van
ir á manifestación do 17 de Maio e animando a participar nesa
mobilización. É unha iniciativa que se pode ver nas redes sociais e na
que están a tomar parte desde xente do mundo da cultura até do eido do
asociacionismo ou ben simples persoas a título individual, unidos para
lograr que a manifestación de Queremos Galego sexa masiva.
Diego Ameixieras, Marta Dacosta, Mercedes Queixas, a Universidade Popular de Corcubión, a plataforma pola defensa de Bergantiños, Asociación Raigañas, a asociación Senda Nova... son algúns dos protagonistas destes vídeos gravados por eles propios e de en torno a un minuto de duración.
Até o propio 17M se poderán enviar vídeos. De feito, nestes días vanse colgar na plataforma de Queremos Galego en Youtube novos traballos que están a recibir.
https://youtu.be/Ps35MpUFCb8

Ningún comentario:
Publicar un comentario